Que é?

Unha plataforma aberta, formada por todas as persoas interesadas na creación cultural que se fai en Ribadeo, en calquera das súas vertentes.

Con que obxectivos nace?

  • Apoiar a creación de contidos culturais en Ribadeo.
  • Darlles a eses contidos a máxima difusión e visibilidade posíbel.
  • Mellorar a formación artística específica dos creadores e creadoras locais.
  • Poñer en relación os creadores e creadoras locais e os seus traballos con creadores e creadoras doutros lados de Galiza e de fóra.

Que queremos facer?

  • Exposicións
  • Concertos
  • Videoclips
  • Encontro das artes e das ideas
  • Poesía

Todo isto , desde que filosofía e ideas?

Cremos no valor do colectivo, do común, do compartido. Cremos, tamén, no valor do local, da proximidade e da identidade. Cremos no valor do que aquí se fai, en Ribadeo.

Interésanos a cultura cando achega valor no ámbito social, no ámbito local, na autoestima das persoas, no desenvolvemento das capacidades creativas de todas e todos, na procura da beleza.

Pensamos que esta época que vivimos pide novamente autoxestión, paixón, do it yourself e independencia. É mellor intentalo que non facer nada.

Como nos organizaremos?

De forma totalmente aberta, a través dunha Asemblea e Coordinadora.

Descarga a presentación completa de Sonda Norte, PDF, 350Kb