Gonzalo Alonso

COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

Licenciado en Comunicación Audiovisual, na especialidade de Dirección e Guión Cinematográfico e Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Interesado en case todos os ámbitos do sector audiovisual, especialmente na ficción televisiva e cinematográfica.

 E-mail: g.alonso.rodriguez@gmail.com

 


Xavier Campos

ACTIVISMO SOCIAL E CULTURAL

 Levo desde os 16 anos vinculado ao que máis me interesa, a creación artística e o activismo social e cultural.

 Participei, con outra xente coa que compartín entusiasmos e compromisos, en iniciativas locais como a Asemblea dos Pícaros ou a A.C. Francisco Lanza, da que fun presidente un par de anos. Profesionalmente traballei como técnico de Cultura de Ribadeo, primeiro, e na Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza, despois.

 Ao remate desa etapa pasei polo ámbito cultural privado e na actualidade gozo e aprendo nun novo campo, o das bibliotecas públicas da Coruña. Son presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e, desde maio de 2011, tamén concelleiro de Mocidade e Sociedade da Información do Goberno Municipal de Ribadeo.

Estou orgulloso de ter participado no deseño e desenvolvemento de iniciativas como Músicas Posíbeis, Noites Activas, Rede Cultural da Mariña, Rede Galega de Música ao Vivo, Galician Tunes, AGADIC, Centro Cultural da Alcántara ou, nestes momentos, Sonda Norte. Colaborei en medios como Xornal de Galicia ou A Nosa Terra e aínda o fago noutros, coma Terra e Tempo ou Letra en Obras

Email: xavier.campos.lopez@gmail.com

 


Víctor Villar

ACTIVISMO SOCIAL

PositivoNegativo. Escola de fotografía social. Compostela 96
Formigueiro. Grupo de inclusión social e laboral. Compostela 96
Esquerda Nova. Formación política ligada a Esquerda de Galicia. Compostela 97
Amarante. Organización adicada ao ecodesemvolvemento e a solidariedade internacional. Ribadeo 01
Colectivo Atalaia. Asociación de fotografos amateur. Ribadeo 01
Comité Galego de apoio ao M.S.T. do Brasil. Vigo 05
Proxecto Rios. Grupo de voluntariado ambiental. Ribadeo 09
Mesa de seguemento da Axenda21. Ribadeo 11
SONDA NORTE. Plataforma socio-cultural. Ribadeo 12
E-mail: veonova@yahoo.es

Fillo

DESEÑO GRÁFICO, MÚSICA

Estudei Deseño gráfico na escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón (Lugo) e son Baixista de MALLORY e REMARKERS.

It´s only Rock n´ Roll!!

Email: o.fillo@gmail.com

www.myspace.com/filloonline

YOUTUBE:

http://www.youtube.com/watch?v=8OkZB1ouaMs

http://www.youtube.com/watch?v=Ri6HNrrpy6U&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=qShrG5aGMlw

http://www.youtube.com/watch?v=okOZs31Ac5s

 


Silvia Martínez Martínez

COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Teño traballado para televisión, prensa e radio e tamén colaborado en diversas curtametraxes. Interésame a fotografía, o cine e sobre todo o documental.

Email: sibi_@hotmail.com


Miguel Anxo Fernández, Cherry

MÚSICA

Formo parte de varias agrupacións musicais en Ribadeo,entre elas, Beetle Judge, Remakers, Zora Gabbara, Sempre se fixo, Sun face,etc…,como baixista ou cantante.Tamén fun contrabaixista da Big Band de Jazz e Swing da A.E.G.M.M (Asociación de Escolas Galegas de Música) e da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo. Pola miña parte tentarei coordinar os grupos musicais de Ribadeo para a organización de eventos, concertos, gravacións ou calquera actividade relacionada coa música na nosa vila.

Email: ssfmiguelo@gmail.com