TUMBA E DÁLLE

A base da música que facemos é a música tradicional galega. Na maioría dos casos, tomamos un tema tradicional e reinterpretámolo introducíndolle os nosos propios arranxos na busca dun son propio. Asimesmo estamos comezando a facer as nosas propias composicións e as nosas propias letras, que adoitan adaptarse en gran medida aos ritmos e estruturas tradicionais. En todo caso, tampouco somos alleos ás influencias doutras músicas e , en especial, das que comparten connosco a influencia e orixe celta.

Desde o debut, o 18 de setembro de 2010 na I Festa de exaltación do cemento, onde compartimos cartel con grupos de renome e consolidados no panorama musical galego cun notable éxito, foron moitas as Festas, Romarías, Foliadas, Seráns…nas que participamos, principalmente ao longo da comarca. Destacan entre estas a Festa do San Caetano, cita que ano tras ano se vai consolidando como un referente na zona na aposta pola música do país. Fóra da comarca cómpre salientar as actuacións na Festa do Mexilón de Vilanova de Arousa ou nos Seráns do Sarela en Santiago de Compostela.
A nivel organizativo hai que salientar que levamos a cabo dúas foliadas con importante presenza de músicos da zona . A primeira foi en Rinlo en Abril do 2011 e a segunda vèn de celebrarse recentemente en Santa Cruz (Ribadeo). Asimesmo estamos preparando, con data aínda sen pechar, pero en todo caso para este verán, xunto co Colectivo Cultural Ollomao, o I Festival “Ao Son do Masma” a celebrar nas inmediacións de dito río, nas parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos. Isto sería un festival, ao estilo Pardiñas por exemplo, onde ademáis dos concertos de grupos importantes a celebrar na noite do sábado, se enchería de contido o día ou fin de semana enteira con presenza de stands de venda e promocións de artesáns, músicos e músicas, asociacións etc. do mundo da música tradicional, con obradoiros de elaboración de instrumentos, obradoiros de baile e música tradicional nos seus diferentes instrumentos, roteiros polo Masma, xogos populares. Isto é algo que está aínda en proceso de planificación pero que, ao igual que todo o que nos permita tocar e gozar da música que máis nos gusta, nos enche de ilusión.

Compoñentes.- 8 (de S. Miguel, S. Cosme, Rinlo e Lourenzá)
Ano Fundación.- 2010
Local de ensaio.- Escolas Vellas de San Miguel
Instrumentos.- Gaita, Acordeón Diatónico, Tambor, Bombo, Pandeireta, Pandeira, Pandeiro, Voces, Requinta, Djembé, Darbuka, e Percusión menuda (culleres, cunchas, castañolas, triángulo…)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>