Sun Face é un grupo de Ribadeo formado por 4 compoñentes: Camel (cantante e guitarrista), Rubén Rañón (batería), Roberto Veiga (cantante e guitarrista) e Cherry (cantante e baixista). O grupo formouse aproximadamente no 2006, aínda que sufriu algúns cambios ata chegar á formación actual, substituindo Cherry a Zesar (baixista e cantante) que fundara o grupo xunto a Camel e Roberto Veiga.
Sun Face practica un rock melodico en fusións doutros tipos de música como poden ser o reagge, o funky e o indie, ou o rock n’roll máis clásico, alternando o castelán e o inglés nas letras das súas cancións.
Ata o de agora, o grupo ten gravadas dúas cancións cos seus respectivos videos, obtendo gran aceptación por parte do público. Actuamente, a banda atópase en proceso de gravación de cancións para o que pode ser a próxima edición dun EP ou un disco; tamén están perfeccionando o seu repertorio a base de temas propios para comezar unha nova rolda de actuacións de cara á presentación do mencionado disco.
http://www.youtube.com/watch?v=dSU-hcF763I http://www.youtube.com/watch?v=aEMocUXkveQ