MALLORY

Conta a lenda que catro individuos con tendencia á festa, a cervexa, e ás grellas con amigos, coincidiron un día na consulta do psicólogo e, animados polos seus gustos musicais comúns, decidiron montar unha banda para alegría dos seus amigos, goce dos seus fans e pesar dos seus familiares e veciños.  

Despois duns anos descargando o seu rock n’roll en todos cantos sitios lles foi permitido, no ano 2000 do noso señor sae á luz o seu primeiro traballo chamado como o propio grupo. Á saída de tan esperado traballo síguelle unha xira por todo o estado coa que presentan as súas cancións a todos aqueles que queiran escoitalos. Dous anos despois e animados polos aplausos recibidos en todas (ou case todas) as actuacións, sacan o seu segundo traballo chamado “baskerville” onde as súas influencias hardrockeiras quedan máis que patentes, conseguindo un son propio e identificativo que en moitos medios deron en chamar “gaita n’roll”. Unha vez o disco saiu ao mercado o grupo dispúxose  a presentar os seus novos temas onde lles foi permitido. Despois dun parón debido ao internamento forzoso de varios dos seus membros, o grupo saiu de novo á estrada conmemorando o 20 aniversario da morte do seu idolatrado Phil Lynott, facendo unha minixira de versións de Thin Lizzy. No ano 2012 celebran o seu 20 aniversario como banda cun memorable concerto no Cantón dos Moreno de Ribadeo, repasando gran parte das súas creacións e acompañados por grandes músicos e amigos da escena musical ribadense.

Desde entón, os Mallory, sobreviviron como soldados de fortuna, se vostede os atopa, quizais poda contratalos…

Fran G. – voz, guitarra e gaita                                                                                          Rober Martinez – bateria, percusión e coros                                                              Armando Daveiga – Guitarra e coros                                                                                    Fillo – Baixo e coros

www.myspace.com/malloryonline

YOUTUBE                                                                                                           http://www.youtube.com/watch?v=qShrG5aGMlw                           http://www.youtube.com/watch?v=okOZs31Ac5s

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>