Zora Gabbara nace como grupo no ano 2007 en Ribadeo (Lugo), cando Héctor Peña e Miguel Ánxo Fernández, cantante e baixista respectivamente do grupo de hard rock Beetle Judge (disc-“sons of the acid machine”- Norte y Sur-1998, ”Lagoon”autoedit-2001) deciden comezar unha nova aventura, dando renda solta a ideas e cancións, principalmente en formato acústico, que pouco se asemellaban cos temas de rock duro da sua banda nai.
A banda formada por tres membros, Héctor (freak gabbara), Miguel (Cherry gabbara) e Javi (Javi Gabbara) entra no estudio a gravar no 2008 o seu primeiro EP autoeditado e financiado por eles mesmos e, ao que titulan “songs for jubal”. Gravado e producido nos meses de xaneiro e marzo de 2008, o resultado é un CD de 5 temas nos que o grupo viaxa a través do rock, o folk, e incluso algunhas sorpresas a ritmo de waltz.
No disco caben varias texturas interpretadas con baixo, guitarras, violins, acordeóns, pianos e percusións (estas a cargo na súa maioría de Xavier Fernández, batería do grupo Moondogs Party)… pero o que máis prima son cancións redondas e completas que é polo que aposta Zora Gabbara neste sorprendente EP.