Sonda Norte presentou o seu proxecto na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

Xunto ao Festival Internacional de Cine de Ourense, o SINSALaudio de Vigo, os Manicómicos da Coruña, o Festival de Cans ou o Auditorio de Santiago de Compostela, Sonda Norte presentou o seu proxecto  no marco das Xornadas ‘Galicia: xestión de contrastes’ organizadas pola AGPXC para a posta en común das formas de xestión que caracterizan a estes grandes eventos culturais.

Foi o mércores pola tarde no Ágora da Coruña, equipamento que desde fai uns meses alberga un dos maiores contedores culturais da cidade herculina. Na xornada tamén estiveron presentes representantes do Festival Internacional Outono de Teatro que acolle cada outubro a vila de Carballo, do Premio de Poesía Concello de Carral e do colectivo Barbantia, todos con máis de dez anos de traxectoria no país e referentes na axenda cultural galega.

Sonda Norte pechou a tarde cunha exposición breve e dinámica sobre os contidos da plataforma, os obxectivos, o modelo de xestión e comunicación, e presentou o proxecto como un proceso aberto de colaboración e de construción colectiva  desde a arte e a cultura, que foi de interese para o público asistente, como así manifestaron algunhas persoas ao remate da sesión.

Este foi sen dúbida un convite especial, dado que compartir tribuna con proxectos de tal envergadura e traxectoria non vén senón a constatar a realidade dun proxecto cun gran futuro na vila de Ribadeo e no resto da comarca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>