SONDA NORTE co Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo é o día Mundial da Poesía, así o proclamou a UNESCO en 1999, e así vén celebrándose desde aquela. 

Dacordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade das linguas a través da expresión poética e dar ás que están ameazadas ou minorizadas a posibilidade de expresarse nas súas respectivas comunidades. Este día  tamén ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais, promover o ensino da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura… Do mesmo xeito, pretende o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que a poesía non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha arte mesma.

A linguaxe poética tamén constitúe outra forma posible de diálogo entre as culturas, o fomento da diversidade, da creatividade, da innovación…Este día convídanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe e sobre as formas de percibir e interpretar a realidade.

Desde Sonda Norte queremos apoiar á poesía en xeral cun pequeno xesto, o de compartir os versos dalgún ou dalgunha poeta que nos guste especialmente. En Galicia contamos cun amplo abano de opcións, desde os clásicos ata as e os poetas noveis. Homes e mulleres contemporáneas, deste tempo, que reflexionan sobre o presente a través de palabras encadeadas que xurden de mentes insomnes ou de placeres finitos: Olalla Cociña, María Lado, Lucía Aldao, Daniel Salgado, Lucía Novas, Estíbaliz Espinosa, Samuel L. París…

Comparte aqueles versos que che fan chorar, rir, sentir ou recordar.

3 reflexións sobre “SONDA NORTE co Día Mundial da Poesía

  1. Pingback: Hoxe celebramos o día Mundial da Poesía. Compartimos con vós a nosa elección. | Ribadeo Muller

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>