Sonda Norte afianza a súa presenza na rede cunha web propia.

Trala presentación oficial do colectivo o pasado mes de febreiro, a plataforma cultural ribadense Sonda Norte dá outro gran paso. Se ben, a súa presenza na rede xa se fixo efectiva a través do facebook Sonda Norte Cultura, contar cunha web propia é un salto cualitativo importante dado que o portal vai ser unha ferramenta primordial para a comunicación e a difusión de todas as actividades e iniciativas que se irán desenvolvendo a partir de agora.

A páxina web, creación de Ángel Justo (estrutura e contidos) e Jotace (deseño gráfico), ambos ribadenses, poderá visitarse no dominio http://sondanorte.ribadeo.org/, permitindo establecer un contacto entre o colectivo e todas aquelas persoas interesadas na creación cultural da vila. Será fundamental para acceder á información actualizada das novas, proxectos, ideas, actividades…que están saíndo e sairán do corazón de Sonda Norte, unha iniciativa aberta para todos e todas aquelas que compartan algunhas das múltiples inquedanzas culturais que se desenvolven en Ribadeo.

 Do mesmo xeito, a web Sonda Norte servirá para dar visibilidade  tanto aos axentes culturais locais como ás persoas que desde fai anos veñen desenvolvendo o seu labor profesional, artístico ou social no contorno mariñán.

 Co paso do tempo iranse incorporando novos contidos que dean conta da evolución das creacións e producións Sonda Norte nos diferentes ámbitos: músicas, artes visuais, artes escénicas, pensamento…

 Á presentación da páxina este sábado na Casa da Xuventude de Ribadeo acudiron tanto os medios como as persoas que forman parte da Coordinadora da plataforma, que están seguras de que este é “o principio dun longo camiño”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>