Alba López

FOTOGRAFÍA

Actualmente estudo o Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades no I.E.S Porta da Auga. Gústame ler, escribir, viaxar, os idiomas, a música… Pero desde fai uns anos sinto un especial interese pola fotografía. Con Sonda Norte estou disposta a axudar en todo o que sexa posible, e espero aprender novas cousas dos demais e que estes tamén aprendan de min. Nun futuro teño pensado estudar xornalismo, pero non elimino outras opcións así que prefiro deixar o tempo pasar …

E-mail: albaribadeo@hotmail.com


Éxito de Sonda Norte no Ribadeo Aberto

O pasado venres foi unha noite especial. Ademais da decisión do comercio ribadense de abrir as súas portas ata case entrada a media noite, Sonda Norte consolidou o seu compromiso co desenvolvemento local da vila, acompañando a iniciativa do Ribadeo Aberto.

Ao mediodía, Jotace comezou a súa pintada nun muro situado na rúa Ramón González. Desprazouse desde Lugo exclusivamente para plasmar na parede o Ribadeo Móvese que, desde fai meses, vén sendo o lema do comercio. Ata ben pasadas as seis da tarde, o artista perfilou á perfección letras e siluetas, nun mural que acompañará unhas semanas os paseos pola vila.

As seguintes citas déronse todas a partir das nove da noite, momento no que María Justo e as súas alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo bailaron ao son da música, tamén na rúa. Desta volta en Rodríguez Murias, acaparando a atención dunha boa parte da xente que, a esa hora, se concentraba nas catro rúas. As actuacións sucedéronse en varias quendas ata ben entradas as dez da noite.

As fotografías de Alba López tamén recorreron as paredes dalgúns comercios, aínda que a chegada tardía da noite dificultou levemente o visionado das imaxes. Cousa curiosa, a de proxectar fotos así, en plena rúa, e máis cando tentan transmitir a necesidade de revelarse contra unha realidade social que nos afoga.

Pero sen dúbida, unha das actuacións estrela da tarde-noite, foi a do trío composto por Víctor Villar, Silvia Murias e Héctor Peña. Non pasou desapercibio o seu RúaCital que, desde as nove da noite sorprendeu coa letra e coa música de poemas e composicións melódicas. A maratón musical deu para tres actuacións, sendo a última, a das once da noite, a máis longa e relaxada en plena rúa San Francisco. Foron abundantes os aplausos, a emoción e a poesía a rítmo de guitarra. Non podemos senón dar a noraboa pola iniciativa.


SUN FACE

Sun Face é un grupo de Ribadeo formado por 4 compoñentes: Camel (cantante e guitarrista), Rubén Rañón (batería), Roberto Veiga (cantante e guitarrista) e Cherry (cantante e baixista). O grupo formouse aproximadamente no 2006, aínda que sufriu algúns cambios ata chegar á formación actual, substituindo Cherry a Zesar (baixista e cantante) que fundara o grupo xunto a Camel e Roberto Veiga.
Sun Face practica un rock melodico en fusións doutros tipos de música como poden ser o reagge, o funky e o indie, ou o rock n’roll máis clásico, alternando o castelán e o inglés nas letras das súas cancións.
Ata o de agora, o grupo ten gravadas dúas cancións cos seus respectivos videos, obtendo gran aceptación por parte do público. Actuamente, a banda atópase en proceso de gravación de cancións para o que pode ser a próxima edición dun EP ou un disco; tamén están perfeccionando o seu repertorio a base de temas propios para comezar unha nova rolda de actuacións de cara á presentación do mencionado disco.

http://www.youtube.com/watch?v=dSU-hcF763I                              http://www.youtube.com/watch?v=aEMocUXkveQ


Héctor Peña

CÓMIC, BANDA DESEÑADA, MÚSICA

Afeccionado aos debuxiños dos libros desde pequeno, intereseime polo cómic na adolescencia e comecei a debuxar cando era un mozo. En 2007 e en 2008 fixen algúns cursos de banda deseñada a distancia. Desde entón, tiven a oportunidade de impartir  cursos de iniciación para as e os máis pequenos da Mariña e do Occidente de Asturias.

No aspecto musical, formo parte de varios grupos como Zora Gabbara ou Beetle Judge.
E-mail: b-shirts@live.com


Sergio Ramírez

COMUNICACIÓN E POSICIONAMIENTO

Experto en comunicación 2.0, actualmente Director de Contidos e encargado do posicionamiento de Medios y Redes; unha das redes de blogs máis grandes de España.
Por outro lado, montei a miña propia consultoría que se dedica ao posicionamiento, as redes sociais e o marketing online como tres pilares básicos, aquí, en Ribadeo.
Podedesme atopar en SEO a Feira.
Email: info@seoafeira.com


Sonda Norte nas rúas de Ribadeo tamén en xuño

Fronte á crise, hai ideas. Con este titular se referiu o xornal El Progreso estes días a Sonda Norte. E non erran o máis mínimo dado que a plataforma segue dando que falar na vila de Ribadeo neste mes de xuño.

Este sábado, no marco dos Encontros Sonda Norte, Ugia Pedreira & Fred Martins compartirán saber e experiencia na Escola de Música, será no Salón de Actos situado no primeiro andar, ás 13’00 horas. Ambos presentan o seu disco ACRÓBATA no Teatro, ás nove da noite, no marco dunha xira que vén de levalos por Oxford, London, Bruxelas…Nuns días tamén o presentarán nun dos palcos máis interesantes de São Paulo, o do Sesc Belenzinho, que acollerá este disco editado por aCentral Folque.

Do mesmo xeito, este mes acollerá a participación de Sonda Norte na Noite Aberta que o venres 22 organiza o comercio ribadense a través de ACISA. Será unha tarde-noite de festa e moita arte na rúa. Artistas da plataforma recitarán poemas, pintarán escaparates, e algunhas outras sopresas que desvelaremos a semana que vén.