Gonzalo Alonso

COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

Licenciado en Comunicación Audiovisual, na especialidade de Dirección e Guión Cinematográfico e Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Interesado en case todos os ámbitos do sector audiovisual, especialmente na ficción televisiva e cinematográfica.

 E-mail: g.alonso.rodriguez@gmail.com

 


Xavier Campos

ACTIVISMO SOCIAL E CULTURAL

 Levo desde os 16 anos vinculado ao que máis me interesa, a creación artística e o activismo social e cultural.

 Participei, con outra xente coa que compartín entusiasmos e compromisos, en iniciativas locais como a Asemblea dos Pícaros ou a A.C. Francisco Lanza, da que fun presidente un par de anos. Profesionalmente traballei como técnico de Cultura de Ribadeo, primeiro, e na Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza, despois.

 Ao remate desa etapa pasei polo ámbito cultural privado e na actualidade gozo e aprendo nun novo campo, o das bibliotecas públicas da Coruña. Son presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e, desde maio de 2011, tamén concelleiro de Mocidade e Sociedade da Información do Goberno Municipal de Ribadeo.

Estou orgulloso de ter participado no deseño e desenvolvemento de iniciativas como Músicas Posíbeis, Noites Activas, Rede Cultural da Mariña, Rede Galega de Música ao Vivo, Galician Tunes, AGADIC, Centro Cultural da Alcántara ou, nestes momentos, Sonda Norte. Colaborei en medios como Xornal de Galicia ou A Nosa Terra e aínda o fago noutros, coma Terra e Tempo ou Letra en Obras

Email: xavier.campos.lopez@gmail.com

 


MALLORY

Conta a lenda que catro individuos con tendencia á festa, a cervexa, e ás grellas con amigos, coincidiron un día na consulta do psicólogo e, animados polos seus gustos musicais comúns, decidiron montar unha banda para alegría dos seus amigos, goce dos seus fans e pesar dos seus familiares e veciños.  

Despois duns anos descargando o seu rock n’roll en todos cantos sitios lles foi permitido, no ano 2000 do noso señor sae á luz o seu primeiro traballo chamado como o propio grupo. Á saída de tan esperado traballo síguelle unha xira por todo o estado coa que presentan as súas cancións a todos aqueles que queiran escoitalos. Dous anos despois e animados polos aplausos recibidos en todas (ou case todas) as actuacións, sacan o seu segundo traballo chamado “baskerville” onde as súas influencias hardrockeiras quedan máis que patentes, conseguindo un son propio e identificativo que en moitos medios deron en chamar “gaita n’roll”. Unha vez o disco saiu ao mercado o grupo dispúxose  a presentar os seus novos temas onde lles foi permitido. Despois dun parón debido ao internamento forzoso de varios dos seus membros, o grupo saiu de novo á estrada conmemorando o 20 aniversario da morte do seu idolatrado Phil Lynott, facendo unha minixira de versións de Thin Lizzy. No ano 2012 celebran o seu 20 aniversario como banda cun memorable concerto no Cantón dos Moreno de Ribadeo, repasando gran parte das súas creacións e acompañados por grandes músicos e amigos da escena musical ribadense.

Desde entón, os Mallory, sobreviviron como soldados de fortuna, se vostede os atopa, quizais poda contratalos…

Fran G. – voz, guitarra e gaita                                                                                          Rober Martinez – bateria, percusión e coros                                                              Armando Daveiga – Guitarra e coros                                                                                    Fillo – Baixo e coros

www.myspace.com/malloryonline

YOUTUBE                                                                                                           http://www.youtube.com/watch?v=qShrG5aGMlw                           http://www.youtube.com/watch?v=okOZs31Ac5s


Elfareo impartiu un obradoiro de fotografía a mozas e mozos da vila.

Foi o martes, no marco das actividades da semana santa que cada ano organiza o Concello de Ribadeo para a infancia e a mocidade. Desta volta, o obxectivo a cumprir foi o de atraer á rapazada de 12 anos en diante a estas actividades que adoitan estar dirixidas para público infantil. Foron todo un éxito os obradoiros dirixidos para as mozas e mozos, tanto o de cociña, o de foto como o de risoterapia, que fai uns intres que rematou.

Así, pode dicirse que o espírito de Sonda Norte tamén estivo presente neste programa no que as participantes puideron traballar como verdadeiras profesionais da imaxe. A valoración foi moi positiva. Tanto, que a demanda de actividades semellantes para desenvolver no futuro próximo fíxose notar por parte da rapazada. Así que hai que ir pensando en dotar de contidos vinculados coa creación cultural a Casa da Xuventude, sempre que a Sala Sonda Norte estea a disposición e, que mellor que abrila á xente con contidos de interese?