Sonda Norte presentou o seu proxecto na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

Xunto ao Festival Internacional de Cine de Ourense, o SINSALaudio de Vigo, os Manicómicos da Coruña, o Festival de Cans ou o Auditorio de Santiago de Compostela, Sonda Norte presentou o seu proxecto  no marco das Xornadas ‘Galicia: xestión de contrastes’ organizadas pola AGPXC para a posta en común das formas de xestión que caracterizan a estes grandes eventos culturais.

Foi o mércores pola tarde no Ágora da Coruña, equipamento que desde fai uns meses alberga un dos maiores contedores culturais da cidade herculina. Na xornada tamén estiveron presentes representantes do Festival Internacional Outono de Teatro que acolle cada outubro a vila de Carballo, do Premio de Poesía Concello de Carral e do colectivo Barbantia, todos con máis de dez anos de traxectoria no país e referentes na axenda cultural galega.

Sonda Norte pechou a tarde cunha exposición breve e dinámica sobre os contidos da plataforma, os obxectivos, o modelo de xestión e comunicación, e presentou o proxecto como un proceso aberto de colaboración e de construción colectiva  desde a arte e a cultura, que foi de interese para o público asistente, como así manifestaron algunhas persoas ao remate da sesión.

Este foi sen dúbida un convite especial, dado que compartir tribuna con proxectos de tal envergadura e traxectoria non vén senón a constatar a realidade dun proxecto cun gran futuro na vila de Ribadeo e no resto da comarca.


Víctor Villar

ACTIVISMO SOCIAL

PositivoNegativo. Escola de fotografía social. Compostela 96
Formigueiro. Grupo de inclusión social e laboral. Compostela 96
Esquerda Nova. Formación política ligada a Esquerda de Galicia. Compostela 97
Amarante. Organización adicada ao ecodesemvolvemento e a solidariedade internacional. Ribadeo 01
Colectivo Atalaia. Asociación de fotografos amateur. Ribadeo 01
Comité Galego de apoio ao M.S.T. do Brasil. Vigo 05
Proxecto Rios. Grupo de voluntariado ambiental. Ribadeo 09
Mesa de seguemento da Axenda21. Ribadeo 11
SONDA NORTE. Plataforma socio-cultural. Ribadeo 12
E-mail: veonova@yahoo.es

Sonda Norte prepara unha exposición de Cómic, Banda Deseñada e Ilustración.

Con ese motivo se reuniron o venres diversos membros da plataforma. Héctor Peña, Kike J. Díaz, Ánxela López Pulpeiro ou Laura Rodríguez son algunhas das persoas cuxas obras pendurarán das paredes da Sala Sonda Norte na primeira exposición de Cómic, Banda Deseñada e Ilustración que inaugurará o colectivo. Pendentes aínda da recepción de obras doutros artistas locais, Sonda Norte segue avanzando na axenda prevista para este ano. Así, tamén se está traballando para publicar nos vindeiros meses un caderno poético e fotográfico de mulleres poetas de Ribadeo con imaxes ou fotografías de autoras tamén locais. Se coñeces a algunha rapaza ou muller con interese en participar na parte escrita ou visual deste proxecto, anímaa a poñerse en contacto con Sonda Norte no correo electrónico sondanorte@ribadeo.org.


REMAKERS

Verán de 2009: Músicos ribadenses de bandas veteranas como Beetle Judge, Mallory, Zora Gabbara, Amigos de lo ajeno e distintos proxectos musicais de diversos estilos unen as súas forzas para levar a cabo un proxecto paralelo ás súas actividades, simplemente, por pura diversión e pracer, nace REMAKERS, unha banda de versións de Rock & Roll, Pop, Punk, Soul …calquera estilo é válido, a madurez musical dos que forman a banda fai imposible encadralos nun estilo concreto, pero á súa vez o son de REMAKERS ten etiqueta propia, desde Queen a PJ Harvey, pasando por Pearl Jam, Def Leppard ou Joey Division, todos con sinal de identidade, bases contundentes, xogos de guitarras acústicas eléctricas e coidadosas armonizacións vocais.

Os directos de REMAKERS caracterízanse polos seus cara a cara co público, e a súa intensa e sincera interpretación de cancións escollidas para divertírense e divertir, cun set list plagado de hit singles que fai vibrar a todo tipo de público, desde a primeira ata a última nota.

 Cherry: Voz e guitarra. Fran: Guitarra e coros.  Pablo: Guitarra e coros.  Rober: Batería e coros.  Fillo: Baixo e coros.

 

www.myspace.com/remakersonline

remakers.rock@gmail.com

 E-mail: o.fillo@gmail.com 

617 805 676


SONDA NORTE co Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo é o día Mundial da Poesía, así o proclamou a UNESCO en 1999, e así vén celebrándose desde aquela. 

Dacordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade das linguas a través da expresión poética e dar ás que están ameazadas ou minorizadas a posibilidade de expresarse nas súas respectivas comunidades. Este día  tamén ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais, promover o ensino da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura… Do mesmo xeito, pretende o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que a poesía non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha arte mesma.

A linguaxe poética tamén constitúe outra forma posible de diálogo entre as culturas, o fomento da diversidade, da creatividade, da innovación…Este día convídanos a reflexionar sobre o poder da linguaxe e sobre as formas de percibir e interpretar a realidade.

Desde Sonda Norte queremos apoiar á poesía en xeral cun pequeno xesto, o de compartir os versos dalgún ou dalgunha poeta que nos guste especialmente. En Galicia contamos cun amplo abano de opcións, desde os clásicos ata as e os poetas noveis. Homes e mulleres contemporáneas, deste tempo, que reflexionan sobre o presente a través de palabras encadeadas que xurden de mentes insomnes ou de placeres finitos: Olalla Cociña, María Lado, Lucía Aldao, Daniel Salgado, Lucía Novas, Estíbaliz Espinosa, Samuel L. París…

Comparte aqueles versos que che fan chorar, rir, sentir ou recordar.


Fillo

DESEÑO GRÁFICO, MÚSICA

Estudei Deseño gráfico na escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón (Lugo) e son Baixista de MALLORY e REMARKERS.

It´s only Rock n´ Roll!!

Email: o.fillo@gmail.com

www.myspace.com/filloonline

YOUTUBE:

http://www.youtube.com/watch?v=8OkZB1ouaMs

http://www.youtube.com/watch?v=Ri6HNrrpy6U&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=qShrG5aGMlw

http://www.youtube.com/watch?v=okOZs31Ac5s

 


Sonda Norte afianza a súa presenza na rede cunha web propia.

Trala presentación oficial do colectivo o pasado mes de febreiro, a plataforma cultural ribadense Sonda Norte dá outro gran paso. Se ben, a súa presenza na rede xa se fixo efectiva a través do facebook Sonda Norte Cultura, contar cunha web propia é un salto cualitativo importante dado que o portal vai ser unha ferramenta primordial para a comunicación e a difusión de todas as actividades e iniciativas que se irán desenvolvendo a partir de agora.

A páxina web, creación de Ángel Justo (estrutura e contidos) e Jotace (deseño gráfico), ambos ribadenses, poderá visitarse no dominio http://sondanorte.ribadeo.org/, permitindo establecer un contacto entre o colectivo e todas aquelas persoas interesadas na creación cultural da vila. Será fundamental para acceder á información actualizada das novas, proxectos, ideas, actividades…que están saíndo e sairán do corazón de Sonda Norte, unha iniciativa aberta para todos e todas aquelas que compartan algunhas das múltiples inquedanzas culturais que se desenvolven en Ribadeo.

 Do mesmo xeito, a web Sonda Norte servirá para dar visibilidade  tanto aos axentes culturais locais como ás persoas que desde fai anos veñen desenvolvendo o seu labor profesional, artístico ou social no contorno mariñán.

 Co paso do tempo iranse incorporando novos contidos que dean conta da evolución das creacións e producións Sonda Norte nos diferentes ámbitos: músicas, artes visuais, artes escénicas, pensamento…

 Á presentación da páxina este sábado na Casa da Xuventude de Ribadeo acudiron tanto os medios como as persoas que forman parte da Coordinadora da plataforma, que están seguras de que este é “o principio dun longo camiño”.